Xornada online sobre a xestión forestal orientada á obtención de piñeiros de calidade

Xornada online sobre a xestión forestal orientada á obtención de piñeiros de calidade

Medicións en monte nun piñeiral. / Imaxe: Sigca.

O Grupo Operativo Sistemas de xestión forestal en bosques produtores de madeira de calidade (SiGC) organiza o próximo 25 de xuño unha xornada online, entre 10 h. e 12 do mediodía, sobre a produción de piñeiro de calidade. O webinar é gratuíto, pero require inscrición previa.

Dentro da xestión de masas forestais, cada vez cobra máis importancia a calidade dos produtos de madeira obtidos, como é o caso da madeira destinada á fabricación de produtos estruturais (madeira laminada ou madeira contralaminada). Por este motivo é necesario incluír criterios de calidade de madeira na xestión e planificación das masas. Para iso o Grupo Operativo SiGCa desenvolveu un proxecto innovador integrando os criterios de calidade na xestión de masas de piñeiro marítimo (‘Pinus pinaster’).

Na xornada vanse a abordar diferentes tecnoloxías aplicadas que permiten predicir e integrar criterios de calidade da madeira na xestión das masas. Estas técnicas son: LiDAR aéreo, escáner terrestre TLS, ensaios non destrutivos e ferramentas de estandarización e trazabilidade da calidade dos produtos.

Programa

– Presentación da xornada: ‘Queixumes dos piñeiros: O pinaster no noroeste ibérico’. Juan Picos, Universidade de Vigo.

– Presentación do Grupo Operativo SiGCa e do proxecto de innovación ‘Melloras na xestión forestal para a calidade e a competitividade do piñeiro marítimo’. José Luís Villanueva, Cesefor.

– Escaneo de árbores TLS (LiDAR terrestre) como ferramenta para a mellora na predición de produtos. Publicacións sobre o piñeiro marítimo. Alejandro Cantero, Fundación HAZI.

– O LiDAR aéreo como ferramenta de predición a gran escala de masas de calidade de Pinus pinaster. Rafael Alonso Ponce, COO de föra forest technologies SLL

– Balances económicos en diferentes itinerarios selvícolas e a ferramenta Simanfor. Felipe Bravo, Universidade de Valladolid.

– Criterios normativos de calidade da madeira para uso estrutural e carpintaría. Abel Veiga, CETEMAS.

– Equipos sónicos e modelos para predición in situ da calidade tecnolóxica da madeira. Esther Merlo, Madeira+.

– Clasificación mecánica estrutural para a obtención de produtos de calidade para a construción. Edgar Lafuente, Cesefor.

– Cadea de valor monte-industria: ferramentas de colaboración e de mellora da rendibilidade do sector forestal. David García Castelo, coordinador de innovación de Agresta S.Coop.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información