Xornada en Ourense sobre uso de insectos como nova fonte de proteína en alimentación

Xornada en Ourense sobre uso de insectos como nova fonte de proteína en alimentación

Granxa de verme da fariña (tenebrio molitor)

O vindeiro xoves 6 de xullo, ás 10:00 horas, celebrarase o evento final gratuíto sobre o proxecto BIOPROINSECT no campus Auga de Ourense. Representantes do tres empresas galegas participantes explicarán os traballos que se realizaron para obter do verme da fariña (tenebrio molitor) produtos de alto valor engadido.

O evento contará tamén coa presenza de Helena Peres, profesora e investigadora no Centro Interdisciplinar de Investigación Mariña e Ambiental (CIITMAR). Por último, os asistentes presenciais poderán gozar dunha mostraxe dos insectos e unha visita guiada polas instalacións do laboratorio do grupo BiotecnIA, da Universidade de Vigo.

BIOPROINSECT xurdiu en 2021 co obxectivo de obter novos produtos de alto valor engadido a través do bioprocesamiento de insectos. Nos últimos anos incrementouse a demanda de alimentos de alto valor nutritivo, pero necesítase pór o punto de mira en novas fontes de proteínas para poder satisfacer a demanda. Por iso, o proxecto BIOPROINSECT desenvolveu un innovador proceso encimático que permite extraer do verme da fariña, insecto con até 50% de contido en proteínas e baixo impacto ambiental, derivados da quitina, proteínas de alta calidade e acedos graxos.

Esta xornada contará cos relatorios de representantes das tres entidades galegas que conforman o proxecto, Galinsect, o grupo BiotecnIA da Universidade de Vigo e FEUGA, quen explicarán en detalle como se desenvolveu este novo proceso encimático e cal é a súa viabilidade e potencial de cara ao futuro.

Na xornada participará Helena Peres, profesora e investigadora do CIITMAR, que exporá diferentes aplicacións da fariña de insecto en acuicultura. Os asistentes presenciais, unha vez terminadas os relatorios, poderán gozar dunha visita guiada polas instalacións do laboratorio do grupo BiotecnIA, onde se mostrarán as diferentes tecnoloxías desenvolvidas dentro do marco do proxecto BIOPROINSECT.

Asistencia gratuita previa inscrición: https://forms.office.com/e/3p3tg3iSPn

Evento Final BIOPROINSECT cartel

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información