Xornada en Antas de Ulla sobre aspectos prácticos da normativa forestal e de prevención de lumes

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto realizar este xoves, 17 de novembro, no concello lugués de Antas de Ulla unha xornada sobre aspectos prácticos da normativa en materia de montes e de prevención de incendios forestais. Organizada polo distrito forestal IX Lugo-Sarria, terá lugar no salón de actos da Casa de Cultura en horario de 16,00 a 21,00h.

Con esta acción formativa preténdese instruír sobre os principais aspectos normativos en materia de montes e de prevención de incendios forestais, avanzar na planificación da prevención e na diminución do risco de lumes, así como preparar á sociedade ante este tipo de continxencias, buscando a súa implicación e corresponsabilidade na adopción de medidas preventivas.

Nese senso, o programa inclúe aspectos da lexislación en materia de montes relativos a repoboacións forestais, cambios de actividade, cortas de madeira ou queimas de restos amoreados. No que respecta aos incendios, abordaranse as faixas de xestión de biomasa, a prevención e a autoprotección de vivendas e persoas fronte aos lumes.
Esta formación está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas Precisamente nesta páxina poden atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 828 620, ou enviarse un correo a distrito.forestal9@edu.xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información