A vendima no Castelo de Soutomaior deu por resultado 17.000 quilos de uva

A empresa Enoturismo Acha foi a adxudicataria en poxa pública do traballo de recollida da uva neste emprazamento histórico.

Publicidade
A vendima no Castelo de Soutomaior deu por resultado 17.000 quilos de uva

O predio vitivinícola do Castelo de Soutomaior dá por rematada a vendima deste ano 2023. En total recolléronse 17 toneladas de uva branca grazas ao traballo de vinte e cinco persoas durante dous días. A empresa Enoturismo Acha foi a seleccionada en poxa pública para levar adiante as tarefas de vendimado.

A empresa Enoturismo Acha finalizou os traballos de vendima nos viñedos da finca do Castelo de Soutomaior, propiedade da Deputación de Pontevedra, cun total de 16.775 quilos de uva branca recollidos. Un total de vinte e cinco persoas participaron esta semana na colleita, realizada ao longo de dúas xornadas, o martes 12 e o mércores 13, nas catro hectáreas de viña desta contorna.

A firma que resultou adxudicataria na poxa pública promovida pola institución provincial para realizar la vendima encárgase tanto destes traballos de colleita como do seu traslado posterior e pagará 1,45 euros por quilo de uva albariña recollida e 1,05 € para as outras variedades.

A explotación vitivinícola do Castelo de Soutomaior remóntase ao ano 1984 e ocupa catro das 30 hectáreas coas que conta o complexo histórico e patrimonial no seu conxunto. Toda a uva do castelo é autóctona e albariña na súa maioría, pero nos viñedos tamén se atopan outras variedades brancas (godello, torrontés, loureiro e treixadura) e tintas (mencía e sousón).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información