Últimos días para inscribirse no programa da Fundación Juana de Vega de apoio a empresas agroalimentarias

A Fundación Juana de Vega convoca a XI edición do PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS, un programa de formación e mentorización orientado a axudar aos emprendedores no deseño e implantación dos seus proxectos empresariais, así como para empresas existentes que precisan abordar proxectos de mellora ou de expansión.
­
Quen pode participar?
­
Poderán participar no programa, iniciativas nos campos agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro ou outros sectores da bioeconomía, así como proxectos de base tecnolóxica e servizos relacionados cos anteriores, que se desenvolven no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.
­
-Emprendemento: Poden participar aquelas persoas que queiran crear novas empresas ou poñer en marcha iniciativas empresariais.
­
-Crecemento e Consolidación: Poderán participar aquelas empresas que, estando en funcionamento, necesiten de asesoramento a nivel empresarial ou estratéxico.

Será un requisito indispensable que os proxectos teñan un responsable de desenvolvemento dentro da empresa, que será o encargado de participar no programa.
­
­O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de novembro.
­

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información