Últimas prazas no curso de Agaca de incorporación á gandería de vacún de leite

Últimas prazas no curso de Agaca de incorporación á gandería de vacún de leite

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) pon en marcha o programa formativo Incorporación á produción de leite de vacún e consolidación das cooperativas lácteas. Diríxese a persoas desempregadas con intención de incorporarse ao mercado laboral nunha explotación gandeira. Consta de dúas accións formativas e conta coa homologación da Consellería do Medio Rural.

En primeiro lugar, o curso “Incorporación á explotación agraria, orientación vacún de leite” impartirase en aula virtual entre o 7 de febreiro e o 19 de abril, en horario de 09:30 a 14:30 horas. Inclúe 8 módulos que abarcan temas como técnico-económica da empresa agraria, prevención de riscos laborais ou produción de forraxes.

Quen complete con éxito esa parte, avanzará a un curso de Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios, de 25 horas, para a obtención do carné necesario para traballar con estes produtos.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) pon en marcha a iniciativa, que forma parte do proxecto Formación para a consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES).

Inclúe outros programas formativos, un orientado á incorporación ao sector hortícola e outro de apoio á función xerencial nas cooperativas agroalimentarias, tamén con matrícula aberta, que comeza en febreiro, para mellorar a empregabilidade de persoas con titulacións de grao medio/superior que estean en situación de desemprego, mediante formación teórica e práctica en cooperativas e, tamén, para cooperativas: contribuír á profesionalización da súa, pois está aberto a que estas entidades soliciten a incorporación de bolseiros/as que realicen a estadía de prácticas con elas.

Conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial das mesmas.

curso agaca vaccun leite

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información