Últimas cotizacións dos produtos lácteos

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea (MMO polas súas siglas en inglés) acaba de publicar os datos das últimas cotizacións dos produtos lácteos na UE, correspondentes á primeira semana de agosto, nos que se confirma unha tendencia descendente, do mesmo xeito que nos principais mercados internacionais.

En concreto, o prezo da manteiga seguiu baixando con respecto a comezos de xullo, neste caso un 0,3 % na UE, quedando nos 4,58 € o kg; mentres que no leite en po desnatado a baixada foi do 1,5% (2,31 €/kg) e no enteiro tamén rexistrou un descenso de prezo do 1,5% (3,41 €/kg). O queixo cheddar foi a excepción, cunha leve subida do 0,1% respecto de hai un mes (3,58 €/kg).

O leite spot en Italia tamén segue á baixa e está nos 0,513 euros o litro.

No mercado internacional a Union Europea é máis competitiva en prezo en queixo cheddar, mentres que Nova Zelandia -cun sistema de alimentación de baixo custo baseado no pastoreo- éo en leite en po e en manteiga.

prezos lacteos agosto

Descarga aquí o último informe do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información