Últimas cotizacións dos produtos lácteos: Lixeira baixada na última semana

LACTEOS UE XULLOO Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de informar das cotizacións dos produtos lácteos na pasada semana, na que houbo un parón na escalada de prezos que se rexistra dende hai máis dun ano.

Así, o prezo da manteiga baixou un 0,2% ata os 7,24 euros o kilo; pero os descensos máis acusados foron para o leite en po: o enteiro caeu un 2,8%, ata os 5,01 euros o kilo e o desnatado un 2,3% ata os 3,93 euros o kilo. Pola contra, o queixo Cheddar revalorizouse un 2,7% na última semana ata os 4,5 euros o kilo.

LEITE XULLO USA NZ

En Estados Unidos e Nova Zelanda a evolución do mercado na pasada semana foi similar: caída do prezo da manteiga nun 4,2% en Nova Zelanda, mentres que se revalorizou un 0,2% en Estados Unidos e no que respecta ao leite en po neozelandés caeu un 1,8% o enteiro e un 2,6% o desnatado.

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información