Riós acolle este xoves 21 un taller práctico de enxerta de castiñeiros. A actividade diríxese a tódolos produtores de castaña, de cara a que aprendan a escoller as variedades máis axeitadas para as súas zonas e a executar de xeito correcta os traballos de enxerta.
O obradoiro será impartido por Miguel Ángel Vázquez de la Mata, do viveiro Castanea Sativa, en horario de 15.30 a 19.30 h.
A ubicación do obradoiro será nesta parcela: 42°00’15.2″N 7°16’43.5″W
As pre-solicitudes para asistir pódense tramitar na oficina virtual de Medio Rural. Organiza o Servizo de explotacións agrarias de Ourense. Pódese pedir máis información no email jose.manuel.novoa.blanco@xunta.gal ou no teléfono 988 386 516.