Subas no prezo do vacún maior e baixada da recría en Silleda

Subas no prezo do vacún maior e baixada da recría en Silleda

Boa parte do gando de recría e xatos de cebo que se vendeu este martes na Central Agropecuaria de Galicia Abanca tivo prezos menores que a semana pasada. Mentres, tanto no vacún maior experimentou un aumento.

En canto á afluencia de gando, polo recinto pasaron un total de 1.184 animais, dos cales foron adxudicadas un total de 1.117 cabezas.

Prezos do vacún
Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos animais de recría raza frisoa, os machos máis novos de menos de 20 días, baixaron lixeiramente o seu valor en 33 euros e sitúanse nos 63 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 99 euros (+5 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días tiveron unha suba de case dous euros e alcanzan un valor medio de 149 euros.

Nos tenreiros de recría de cruces industriais a tendencia non foi clara, xa que houbo subidas e baixadas. Os tenreiros máis novos sumaron 111 euros con respecto da última poxa e alcanzaron un valor medio de 373 euros. As femias desa categoría, pola contra, baixaron en nove euros e quedaron nun prezo medio de 239 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 403 euros, ao caer en 5 euros. Nas femias tamén houbo un descenso de 18 euros e alcanzan os 265 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos tiveron unha subida de 39 euros e teñen un prezo de referencia de 535 euros, mentres que as femias tiveron unha baixada de 7 euros e sitúanse nun valor medio de 375 euros.

16_01_2024_page-0001

Nos becerros de cebo tampouco houbo unha tendencia clara. Nos machos frisóns o prezo medio foi de 854 euros (na anterior poxa non se adxudicou ningún animal nesta categoría). No caso das femias, adxudicáronse por unha media de 805 euros (+60 euros). Os machos de cruces industriais tiveron unha baixada do prezo bastante pronunciada (160 euros) e quedan cun valor medio de 958 euros. As femias cotizáronse a 866 euros, é dicir 55 euros menos que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.159 euros, ao rexistrar unha subida de 18 euros. As femias desta raza están nos 963 euros, ao baixar 85 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.104 euros (- 3 euros).

No vacún maior a tendencia foi alza. Así, nos de extra o prezo incrementouse 105 euros e chegaron aos 2.161 euros. Do mesmo xeito que na categoría primeira, que alcanzaron os 1.156 euros (+24 euros), e na segunda, que chegaron aos 731 euros (+18 euros). Pola contra os animais de descarte cotizáronse a un prezo medio de 433 euros, o que supuxo unha baixada de 62 euros con respecto á última poxa.

Mesas de prezos
Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os lechones seguen á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canle II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo.

Os lechones experimentaron un incremento de 1 euros para ambas as categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 97 euros (cun prezo de 4,85 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 92 euros e cun prezo por quilo de 4,6 euros.

16_01_2024_page-0002

O mercado do ovo presentou lixeiras baixadas esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,93 (-0,05) euros a ducia, os da L están a 2,37 euros (-0,03), os da M están a 2,02 euros (-0,02) e os da S a 1,72 euros a ducia (-0,02). As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo.

O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 11 de xaneiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información