As cotizacións do gando en Amio manteñen esta semana a estabilidade en todas as categorías, salvo en vacún maior, onde suben 5 céntimos os prezos das clasificacións O1 e O2. En gando de recría, becerros de abasto e Ternera Gallega non hai variacións.
En canto á asistencia de gando á sesión do mércores, houbo 2.321 reses, 122 máis que a pasada semana. Houbo 1.734 cabezas de vacún menor, 268 de vacún mediano e 296 de vacún grande.
Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (15-VI-2016)