Esta semana no Mercado de Amio amósase unha suba de 0,10 euros nas canais de vacún maior das clases O e P. Tamén se aprecia unha tendencia á baixa no vacún menor de raza Frisoa.
En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 1.848 animais, 643 máis que na feira da semana pasada, que coincidiu cunha xornada festiva nacional. En concreto, houbo 1.545 cabezas de vacún menor (510 máis), 104 de vacún mediano (22 reses máis) e 199 de vacún maior (111 máis).
Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne.
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (13-XII-2023).