Baixada dos prezos da recría e no vacún maior no Mercado de Amio

Baixada dos prezos da recría e no vacún maior no Mercado de Amio

Imaxes de dúas reses de Rubia Galega no Mercado de Amio. // Fonte: Imaxe de Arquivo

Este mércores o Mercado de Amio mantívose na súa actividade habitual, con pequenas variacións en asistencia. En canto ós prezos, a baixada da anterior semana continuou, desta vez con 5 euros na recría de cruce industrial e de raza Frisoa. Ademais, tamén se rexistrou unha leve baixada de 0,05 euros nas canais de vacún maior de matadoiro.

De novo, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne.

En canto ao número de animais alí presentes houbo 1.956 reses, o que supón 78 menos que na sesión da semana pasada.

En concreto, na feira deste mércores contabilizáronse 1.637 cabezas de vacún menor, 125 menos que na sesión anterior. Houbo 110 de vacún mediano (3 máis) e 209 de vacún grande (44 máis que a semana pasada).

Máis información

Táboa de cotizacións de Amio (05/090/2023)

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información