Subas en recría en Amio e estabilidade en Ternera Gallega

As mesas de prezos de Amio acordaron na sesión desta semana subas en boa parte das categorías do gando de recría, en tanto Ternera Gallega, gando de abasto e vacún maior continúan coas mesmas cotizacións que a pasada semana.

En recría, os cambios son os seguintes:
– Soben 5 euros os prezos das calidades extra e boa dos machos descostrados da raza frisona e 10 euros os de calidade regular.

– Soben 10 euros os prezos dos machos lactantes de raza frisona, a excepción dos da calidade boa, que continúan sen cambios.

– Por razóns de axuste técnico, sobe 20 euros o prezo da calidade boa das femias lactantes de rubia galega e 10 euros os das calidades extra e regular das femias lactantes cruzadas.

En canto á asistencia de gando, na sesión desta semana houbo 2.274 reses, 23 máis que na pasada sesión. Houbo 1.812 cabezas de vacún menor, 213 de vacún mediano e 230 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (18-V-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información