Este mércores, festividade nacional de Todos os Santos, deixou unha mínima afluencia de animais no Mercado de Gando de Amio. En concreto, contabilizáronse 130 cabezas, cando as cifras habituais se sitúan por encima dos 1.500 exemplares. Houbo un total de 4 animais de recría, 48 medianos para sacrificar e 78 vacas.
A baixa afluencia motivou que se mantiveran os prezos para todo o gando que accedeu ó recinto feiral.
Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega tamén acordaron esta semana manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades desta carne.
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (1-XI-2023).