Sen cambios nos prezos de Ternera Gallega en Amio e suba dos becerros de cruce

Este mércores celebrouse o primeiro Mercado de Amio do 2024, cun lixeiro descenso da afluencia de animais respecto ao último celebrado o pasado 20 de decembro e estabilidade nos prezos, tanto no amparado pola IXP Ternera Gallega como no resto de gando de abasto. Únicamente se aprecia alza das cotizacións nos becerros machos de recría de cruce, ao igual que sucedeu onte en Silleda.

En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 1873 animais, 163 menos que na feira do día 20, aínda que na media das sesións do mercado compostelán.

En concreto, na sesión de hoxe houbo 1.655 cabezas de vacún menor (129 menos), 72 de vacún mediano (34 reses menos) e 146 de vacún maior (o mesmo que na última sesión).

Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne.

Máis información

–Táboa de cotizacións de Amio (03-I-2024).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información