Suba dos prezos dos becerros de recría de cruce e do vacún maior en Silleda

Suba dos becerros de recría de Cruce e pequena baixada nos de Frisona. Nas mesas de prezos decidiuse subir o porco cebado, baixar os prezos dos bacoriños e os dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 30 de maio.

Suba dos prezos dos becerros de recría de cruce e do vacún maior en Silleda

As cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca deste martes caracterizáronse pola suba dos becerros de recría de Cruce e no vacún maior, e unha pequena baixada nos xatos de Frisona.

En concreto, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes caeron en todas as categorías. Así, na de menos de 20 días, a cotización media baixou ata os 161 euros, fronte aos 170 da pasada semana. Na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media tamén caeu ata os 193 euros por xato, seis menos que o pasado martes. Pola contra, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos repuntaron ata os 211 euros, un máis que a semana anterior.

Nos becerros de Cruzamento industrial, as oscilacións nos prezos foron á alza. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias subiron nos machos ata os 288 euros, fronte aos 253 da pasada semana. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén subiu ata os 339 euros de media, fronte aos 332 do pasado martes. Nas femias, o prezo medio tamén repuntou: 247 euros, fronte aos 237 da anterior poxa. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén foi á alza nos machos ata os 443 euros, fronte aos 436 euros de media da pasada semana. Nas femias tamén pasou dos 301 aos 305 euros.

No vacún maior a tendencia xeral foi á suba dos prezos. Deste xeito, quedaron en 1.100 euros de media en categoría primeira, 731 en segunda -a máis numerosa- e 436 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.036, 709 e 447 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_VACUN_MAIO_17_5

Baixada dos ovos e no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións nas categorías XL nos 1,40 euros a ducia. Para as restantes categorías decidiuse unha baixada do 0,02% , quedando a ducia da L nos 1,29 euros; a M nos 1,17 e a S nos 0,94 euros a ducia.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse unha baixada do 0,1%, ata quedar nos 1,50 euros o quilo.

Suba no porco cebado e baixada nos bacoriños

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou subir as categorías Selecta e Normal un 0,01%, quedando nos 1,435 e 1,410 euros por quilo, respectivamente; a Canle II subiu un 0,013% ata os 1,831 euros por quilo e o desvelle mantívose tamén sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,92 e 0,98 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións esta semana quedaron sen cambios nos 1,800 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea as cotizacións mantivéronse estables.

En canto aos leitóns, acordouse seguir coa baixada das cotizacións, esta semana de novo un 2% ata os 57 euros para os procedentes de varias explotacións e os 62 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_PORCINO_MAIO_17_5

Récords anuais na Central Agropecuaria de Galicia

Por outra parte, a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe varios récords anuais. Respecto a asistencia, concorreron 1.045 animais das tres categorías, o maior número deste ano 2017, xa que ata o momento a cifra máis alta estaba nos 1.019 que asistiron o 10 de xaneiro. Este récord vén dado pola importante asistencia de becerros de recría e becerros carniceiros e por outro récord anual, en vacas. Nesta categoría hoxe rexistráronse 297 exemplares, estando ata hoxe o maior número nas 279 vacas que acudiron tamén o 10 de xaneiro. Ademais o número de vacas adxudicadas é o máis alto do ano, con 278 que superan ás 262 adxudicadas nesa mesma puxa de xaneiro.

En canto ás transaccións totais, ascenderon esta mañá aos 474.570 €, o maior volume económico do ano ao superar os 416.856 € rexistrados o 4 de abril. Por categorías, foron dúas as que conseguiron récords anuais: a de becerros de recría, con 161.445 € fronte aos 143.436 € do 10 de xaneiro, e a de vacas, con 241.649 € fronte aos 206.535€ do 4 de abril.

Suspéndense os mercados do 6 e do 13 de xuño

Unha explicación destes récords anuais é que debido á celebración da feira Abanca Semana Verde. suspéndense os mercados dos martes 6 e 13 de xuño. Só se celebrará a subasta de becerros de recría do martes 13 de xuño e a recepción de animais será a partir das 20 h. da tarde do luns día 12.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información