Sesión de altibaixos de prezos en Silleda

A Central Agropecuaria rexistrou baixadas nas categorías máis concurridas de becerros de recría, nos animais de 21 a 50 días, e subas no resto. En vacún de abasto, producíronse subas e baixadas, en función da categoría

Sesión de altibaixos de prezos en Silleda

Tras os bos resultados da pasada semana, a Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou oscilación de prezos en todas as categorías. Así, nos becerros carniceiros é onde máis descenso de prezo se rexistrou, mentres que na recría a tendencia foi á alza.

En canto á afluencia de gando, nesta xornada pasaron polo recinto un total de 1.092 animais, dos cales 1.006 foron adxudicados; cifras inferiores ás da pasada semana.

Prezos do vacún
Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 130 euros (+5 euros respecto da pasada semana); os de 21 a 50 días a 159 euros (-9 euros) e os de máis de 50 días a 209 euros (+37 euros). En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 384 euros e sumaron 28 euros con respecto á xornada anterior; os de 21 a 50 días chegaron aos 421 euros e baixaron 12 euros o seu valor medio e os máis adultos incrementaron o seu valor en 51 euros, ata chegar a un prezo medio de 553 euros.

16_04_2024_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 829 euros, é dicir 29 euros menos que a semana pasada. Os machos de cruces industriais, diminuíron o seu valor en 105 euros, até quedar en 1.049 euros. Mentres, as femias incrementaron en 115 euros e quedaron nun valor medio de 945 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.285 euros de media os machos (+91 euros) e a 945 euros as femias (+113 euros). Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema subiron o seu valor 148 euros ata conseguir un prezo de referencia de 1.215 euros.

No vacún maior houbo baixada en dúas categorías e subida nas outras dúas. Así, na categoría extra e de desfeito, a suba foi de 143 e 138 euros, respectivamente, quedándose cuns prezos de 2.352 e 495 euros. Na categoría primeira a baixada foi de 105 euros, fixándose un prezo medio de 1.145 euros, e na segunda foi de 91 euros, alcanzando os 750 euros. Os animais comercializados baixo selo Vaca e Boi de Galicia descenderon o seu valor medio en 318 euros con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 2.568 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,835 euros; o normal en 1,81 euros e o de Canle II nos 2,351 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo.

Nos lechones, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 108 euros (cun prezo de 5,4 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 103 euros e cun prezo por quilo de 5,15 euros.

16_04_2024_page-0002

O mercado do ovo presenta baixadas do 0,03 con respecto á semana pasada, excepto nos da XL, que quedan igual (2,83 euros). Os demais establécense da seguinte maneira: os da L en 2,33 euros; os da M en 2,17 euros e, finalmente, os da S en 1,86 euros.

O prezo do coello tamén baixou 0,05 e está nos 2,30 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información