As cotizacións dos becerros na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse polo estancamento. Así, aínda que as cotizacións medias en conxunto mantivéronse parecidas ás da semana pasada, o comportamento foi bastante desigual en función da raza e da idade dos xatos.
Así, en recría os xatos de raza Frisoa de menos de 20 días baixaron aos 88 €, fronte á media da semana pasada de 109 euros. Pola contra, subiron algo os de 21 a 50 días até os 125 euros e os de máis de 50 baixaron 23 euros de media con respecto á semana anterior. Nos de cruce industrial a tendencia foi parecida: os de 21-50 días mantiveron os prezos pero nas outras categorías baixaron.
E nos becerros carniceiros notouse especialmente a suba nos de cruce industrial: 792 por macho e 808 € por femia, fronte aos 718 e 652 euros, respectivamente, da poxa anterior.
No vacún maior, o sector de máis importancia económica da Lonxa de Silleda, os prezos mantivéronse con lixeiras oscilacións.
As cotizacións do vacún quedaron do seguinte xeito:
Sen cambios nas mesas de prezos de galiñas, ovos e coello
Nas mesas de prezos as cotizacións medias das galiñas e os ovos quedaron igual que as pasadas semanas. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,33 € a ducia para a categoría L; 1,31 para a M, e 1,14 € a ducia para os de clase S.
Nos coellos as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios, nos 1,59 €/kilo.
Sobe prezo do porco cebado e seguen baixando os leitóns
En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou baixar os prezos un 1%, o mesmo que a semana pasada. Deste xeito, as cotizacións quedaron nos 54 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 49 € para os procedentes de varias.
En canto ao porco cebado, acordouse subir os prezos un 0,010% para o selecto e o normal, que quedaron nos 1,175 €/kg e 1,150 €/kg, respectivamente. O Canal II sobe un 0,013% e o de desvelle un 0,020%. Nos principais mercados europeos a suba do porcino foi maior: 0,05 en Alemaña e 0,030 en Dinamarca.
As cotizacións quedaron do seguinte xeito: