Seminario sobre cultivo e importancia da mazá de mesa e sidra en Galicia

Publicidade

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Guísamo e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo organizan o vindeiro 28 de xuño un seminario temático sobre cultivo e importancia da mazá de mesa e sidra en Galicia.

As persoas interesadas en asistir poden realizar a inscrición nesta ligazón https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Para máis información enviar un correo a  xose.antonio.meixide.fernandez@xunta.gal ou chamar ao 881881863

Programa:

MÉRCORES 28 DE XUÑO 2023

A xornada dividirase en dous bloques, o primeiro, adicado a mazá de sidra, realizarase no CFEA de Guísamo entre as 09:00h e as 14:00h, e unha pola tarde no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

-09:00h – 09:30h Inauguración. Presentación das xornadas da man de José Luis Cabarcos Corral (Director Xeral do AGACAL), Manuel López Luaces (Xefe de Área de Formación, Innovación e Investigación do AGACAL), Mª Camino Nicolás Velado (Directora do CFEA de Guísamo) e Abelardo Nimo Silva (Director do CIAM).

-09:30h – 10:30h “Conxuntura da mazá de sidra en Galiza”. Conferencia realizada por Javier Ascasíbar Errasti, Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galiza.

-10:30h – 11:30h Conferencia telemática de Enrique Dapena de la Fuente, pesponsable do Programa de Fruticultura e investigador do SERIDA (Principado de Asturias).

-11:30h – 12:00h Pausa para café.

-12:00h – 13:00h Mesa redonda da mazá de sidra. Coloquio para entender a situación actual dos modelos de cultivo e a realidade das asociacións e cooperativas de maceira de sidra en Galiza. Participarán Miguel Soto Alborés (Técnico Agrícola da Cooperativa Maestra), Jesús Rodríguez Raposo (membro da Asociación AFRUVAL), José Manuel Vázquez Porto (presidente da Cooperativa de Ullama), Alberto Gallego (Presidente de FAGRECO) e Juan Manuel Veiga Vázquez (fruticultor vinculado a Cooperativa Cabrinfolla).

-13:00h – 14:00h Experiencias coa mazá de sidra no CFEA de Guísamo. Conferencia realizada por Xián Liñares García (Técnico Superior en Paixasismo e Medio rural ) e Xosé Antonio Meixide Fernández (investigador do CIAM) e visita ao campo de ensaio de mazá de sidra do CFEA de Guísamo.

-14:00h – 16:00h Pausa para xantar.

Localización: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

16:00h – 17:00h Mesa redonda da mazá de mesa. Coloquio para entender a situación actual dos modelos de cultivo e a realidade das asociacións e cooperativas de maceira de mesa en Galiza. Participarán Francisco Otero Otero (Presidente da AFRUGAL), Ignacio Bellas (presidente do AGFA) e Manuel Varela Mecías (produtor de mazá de mesa )

-17:00h – 18:00h Conferencia João Calixto, consultor de Fruticultura “ A produçao da maçã de mesa no Norte do Portugal e na Galiza”

-18:00h – 19:00h Visita ao Campo de Conservación das castes de mazá de cultivo tradicional en Galiza, do Banco de Xermoplasma de Mabegondo.

XOVES 29 DE XUÑO DE 2023

Visita a Finca do Pazo de Des, localizada en Lalín, o desprazamento realizarase en autobús.

-09:00h Saída dende o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Prégase puntualidade.

XORNADA MAZA SIDRA CFEA GUISAMO 23 1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información