Sementan centeo en montes queimados de Cualedro para reducir a erosión do solo

Sementan centeo en montes queimados de Cualedro para reducir a erosión do solo

Sementeira de centeo en Cualedro durante a pasada fin de semana.

A asociación Amigas das Árbores impulsou esta fin de semana unha sementeira de centeo en montes queimados de Cualedro (Ourense), de cara a que as plantas que nazan contribúan a reducir a erosión e os arrastres de terras e cinzas.

A acción, que se desenvolveu coa colaboración de persoas voluntarias, logrou recabar previamente 20 sacos de centeo, grazas a achegas procedentes de puntos diversos, desde o mesmo Cualedro ou Xinzo e Verín (Ourense), ata cidades do resto de España (Madrid, Bilbao, Alicante, etc.).

Centeo antes da sementeira.

Centeo antes da sementeira.

O colectivo ambientalista considera urxente acometer traballos de restauración dos montes afectados pola vaga de lumes de setembro, pois entende que son necesarios para reducir a erosión e protexer das cinzas os mananciais e as captacións de auga.

A asociación, por último, lamenta que a Administración galega non estea a acometer este tipo de traballos de urxencia, que lle foron requeridos semanas atrás por unha decena de colectivos ecoloxistas, forestais e agrarios. “Os ecosistemas precisan coidados axeitados en tempo e forma. Hai experiencia, medios materiais e humanos suficientes”, valora o colectivo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información