Sae ao público “Innova Campo Galego”, un portal sobre innovación no sector agrogandeiro e forestal

innova portalEste xoves, 19 de outubro, sae o público Innova Campo Galego, un portal informativo adicado á innovación no sector agrogandeiro, forestal e agroalimentario de Galicia.

O novo portal xurde nun momento clave, pois as políticas europeas obrigan a unha innovación tecnolóxica e ambiental contínua no agro. O reto marcado por Europa é producir as máximas cantidades e calidades co maior respeto ambiental, tendo en conta o coidado da biodiversidade e a mitigación do cambio climático.

Neste contexto, Innova Campo Galego, creado por campogalego.com, -primeiro xornal dixital agrario de Galicia-, márcase os seguintes obxectivos:

-Visibilizar e impulsar a cultura innovadora do sector primario galego vinculado ao agro.

-Contribuir á necesaria transferencia da investigación e innovación no sector primario a produtores e empresas.

-Divulgar e poñer en valor o traballo dos investigadores e investigadoras de Galicia nos sectores citados (gandería, forestal, agricultura e agroalimentación).

-Ser un punto de encontro informativo da I+D+i que se realiza tanto dende o sector privado como público en Galicia.

– Dar a coñecer as innovacións que se están a poñer en marcha en granxas e cultivos agrícolas e forestais en Galicia.

Para elo, Innova Campo Galego ofrecerá diariamente información actualizada a través de artigos, entrevistas e pezas de divulgación, con versións en galego e en castelán.

A importancia da innovación no agro, un sector estratéxico para Galicia

A investigación e a innovación no sector agrogandeiro e forestal é de carácter estratéxico para Galicia, non só polo súa relevancia social, de vertebración do territorio e de coidado da paisaxe, senón tamén polo seu importante peso económico.

Un sector con presente pero tamén con moito futuro, xa que Galicia polas súas boas condicións climáticas, polo seu capital humano e pola dispoñibilidade de base territorial ten un prometedor percorrido para xerar riqueza e postos de traballo. Pero para iso resulta clave o traballo de todas aquelas persoas que innovan e investigan para ser máis competitivos nun mercado esixente e cambiante.

Campo Galego, un xornal de referencia para o sector

Campo Galego é o primeiro xornal dixital agrario de Galicia. Naceu o 11 de febreiro do 2015 e desde o seu inicio convertiuse nunha referencia informativa para os sectores agrícola, gandeiro, agroalimentario e forestal de Galicia.

O medio está conformado na actualidade por un equipo de sete persoas, que realiza coberturas en texto, fotografía e vídeo.

O xornal ronda as 8.000 visitas diarias, cun perfil de lector moi específico
do sector agrogandeiro e forestal (produtores, técnicos, investigadores,
empresas do sector, comunidades de montes, etc.).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información