Unha aldea modelo de Carballeda de Avia será o primeiro Espazo Agrario de Experimentación

Medio Rural sinala que na aldea de Muimenta hai 15 hectáreas para facilitar que as persoas emprendedoras poidan probar o seu negocio nunha contorna favorable, con terra e instalacións necesarias

Unha aldea modelo de Carballeda de Avia será o primeiro Espazo Agrario de Experimentación

Imaxe de presentación do acto. / Fonte: Consellería do Medio Rural

O acto de presentación dos traballos elaborados por alumnos de 5º curso da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de Navarra, enmarcados no plan de dinamización da aldea modelo de Muimenta (Carballeda de Avia, Ourense), foi a cita na que se presentou o primeiro Espazo Agrario de Experimentación desta aldea modelo. O obxectivo desta iniciativa, explica Medio Rural, é que as persoas emprendedoras poidan probar o seu negocio nunha contorna favorable, con terra e instalacións necesarias para o desenvolvemento dunha actividade.

“A instalación proxectada está destinada á formación hortícola, a través de tres parcelas de traballo nas que se situará un invernadoiro de ata 600 metros cadrados en cada unha delas, cun sistema de regadío e cinco hortas de 400 a 500 metros cadrados na súa contorna”, explicou o titular da Consellería do Medio Rural, José González.

No caso de Muimenta, 15 hectáreas están dedicadas a agricultura ecolóxica, especialmente a cultivos de horta, e a súa instalación está a ser elaborada en colaboración con expertos do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia. 

maxe do acto no que tiveron presenza os alumnos da Universidade de Navarra. / Fonte: Consellería do Medio Rural

maxe do acto no que tiveron presenza os alumnos da Universidade de Navarra. / Fonte: Consellería do Medio Rural

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información