Resoltas as axudas de maquinaria agrícola en réxime asociativo

Resoltas as axudas de maquinaria agrícola en réxime asociativo

Imaxe de arquivo.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución pola que se destinan algo máis de 4 millóns de euros a un total de 36 entidades beneficiarias para a adquisición de maquinaria agrícola.

O obxectivo destas axudas é promover o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, impulsar a introdución de novas tecnoloxías e racionalizar os custos de mecanización. Outras finalidades pasan por incrementar os mecanismos de seguridade no traballo, reducir as emisións contaminantes e promover o aforro enerxético.

Son beneficiarias destas achegas as cooperativas agrarias con sección ou servizo de maquinaria, as cooperativas de utilización de maquinaria agrícola en común (CUMA), as cooperativas de explotación comunitaria da terra con cinco ou menos anos de antigüidade ou as sociedades agrarias de transformación nadas da fusión de dúas ou máis explotacións nos últimos cinco anos naturais.

Este é o listado de entidades beneficiarias este ano:

Subvencións

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información