Rematada a parcelaria de 740 hectáreas en Santa María de Oroso, no concello da Cañiza

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e o alcalde da Cañiza, Luis Piña, entregou esta mañá os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Santa María de Oroso, nesta localidade pontevedresa.

Este proceso de reestruturación da propiedade abrangueu unha superficie de 740 hectáreas, pertencentes a 629 veciños. No acto desta mañá, o conselleiro incidiu na importancia deste traballo, co que se pasou de máis de 13.110 parcelas a 1.890 fincas, septuplicando o tamaño medio dos predios, ao pasar de 564 metros cadrados a 3.915.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información