Rematada a parcelaria de Fonteo, no concello lugués de Baleira

Rematada a parcelaria de Fonteo, no concello lugués de Baleira

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e polo alcalde de Baleira, Ángel Martínez-Puga, entregou esta mañá os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Fonteo, neste concellos lugués. Este proceso de reestruturación da propiedade afectou unha superficie de 145 hectáreas, pertencentes a 112 veciños.

Neste acto, o conselleiro destacou que, grazas a este traballo, pasouse de 544 predios a 199 parcelas finais. Desta forma, a superficie media das parcelas case se triplicou, ao pasar de 2.697 a 7.304 metros cadrados.

O conselleiro destacou que dende o 2020 a Xunta rematou un total de 27 concentracións parcelarias -contando a de hoxe-, que abarcaron unha superficie total de máis de 18.700 hectáreas, beneficiando máis de 13.200 propietarios que recibiron preto de 29.300 títulos de propiedade.

Nesta liña, José González reiterou a aposta da Xunta polas parcelarias, que definiu como unha “ferramenta fundamental para paliar o minifundismo” e recordou que dende o ano 2021 se decretaron 28 novas parcelarias en Galicia, que abarcan un total de 22.881 ha e 109.949 parcelas de 16.098 titulares.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información