Recomendacións para o coidado das maceiras durante estes días

Publicidade
Recomendacións para o coidado das maceiras durante estes días

A Consellería de Medio Rural ven de publicar esta semana un informe fitosanitario con recomendacións para o coidado das maceiras para previr as principais enfermidades e pragas que lle afectan.

En xeral detectan este ano un adianto na floración de entre 10 e 15 días respecto de anos anteriores.

Neste sentido, as recomendacións que ofrecen os técnicos da Xunta de Galicia son as seguintes:

-En maceiras de sidra que estean en estado fenolóxico igual ou anterior a C-C3 (orella de rato), podemos aplicar un tratamento funxicida a base de cobre que ten como finalidade previr os ataques de fungos cando a xema está a hincharse.

Como materias activas, os técnicos da Asociación de Fruticultores de Galicia (AFRUGAL) recomendan empregar captan ou mancozeb e se estamos en agricultores ecolóxica aconsellan empregar como funxicida polisulfuro de calcio.

-En maceiras que superen o estado fenolóxico C-C3 e até o estado de botón rosa (E2-F), é imprescindible un tratamento preventivo cun funxicida de contacto, mellor que un funxicida sistémico, xa que no estado actual das maceiras, temos pouco desenrolo vexetativo, o que perxudica a absorción do mesmo. Este funxicida de contacto, pode ir unido a un insecticida que controlaría o ataque do pulgón cincento e o pulgón verde.

Como principios activos para o insecticida, dende AFRUGAL aconsellan azadiractina (3,2%) ou flonicamid e no caso das maceiras estaren en produción ecolóxica recorreríamos ao aceite de neem

-En maceiras en floración, debemos respectar esta época sen tratamentos a fin de protexer a actividade das abellas e demáis insectos polinizadores.

Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.

Confusión sexual e monitoreo en cydia pomonella ou verme da mazá

Os técnicos da Consellería de Medio Rural tamén aconsellan proceder á colocación de difusores de fermona de Cydia pomonella (Verme da mazá), como método biotecnolóxico para o control desta praga, xa que se debe de colocar ao inicio do vóo para que sexa eficaz.

Este método de loita consiste en dispoñer de numerosos difusores de feromonas distribuidos pola plantación. A feromona é a substancia química que emiten as femias para atraer aos machos. Ao poñer moitos puntos de emisión desta feromona, interfírese a comunicación entre machos e femias dificultando o encontro e, en consecuencia, os ovos non son fecundados.

A Consellería do Medio Rural dispón dunha finca piloto en Aranga para o seguemento da efectividade desde método. Esta semana foron colocadas as trampas de seguemento do voo de C. pomonella nas distintas estacións de monitoreo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información