O Ministerio de Agricultura adoptou unha serie de medidas anticrise no sector primario para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo, así como para paliar os efectos da seca.
Medidas tributarias para 2024
- IRPF
Agricultores e gandeiros que declaran no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) que se queiran acoller ao método de estimación obxectiva, mantense o límite máximo de 250.000 euros que se aplica tanto no volume de rendementos íntegros do ano inmediatamente anterior coma no volume de compras de bens e servizos. O mesmo límite elévase tamén para o sector dos mexilloeiros.
O sistema de estimación obxectiva do IRPF, coñecido como sistema de módulos, para agricultores e gandeiros é máis beneficioso porque, entre outras cuestións, require de menor carga documental. Uns 800.000 agricultores e gandeiros tributan anualmente mediante este sistema.
- Réxime de IVE
Mantense a posibilidade de optar por varios réximes na tributación deste imposto. Dous son os máis comúns en número: o Réxime Simplificado e o Réxime Especial da Agricultura, Gandaría e Pesca. Aínda que, para acceder a estes réximes establécense determinados límites, por ser menos esixentes documentalmente. Así, limítanse os importes de compras en bens e servizos e o de ingresos no ano 2023, que non poden ser superados, en ambos os casos, en 250.000 euros anuais.
- IVE dos alimentos
Prorrógase a medida excepcional de redución do IVE a determinados alimentos durante o primeiro semestre de 2024. Así o tipo de aplicación no Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) rebáixase do 4 % ao 0 % nos produtos básicos de alimentación (pan común e pan común conxelado; fariñas panificables; queixos; ovos; froitas, verduras e hortalizas frescas, legumes, tubérculos e cereais). Igualmente mantense no 5 % o gravame dos aceites de oliva e de sementes e as pastas alimenticias, que anteriormente era do 10 %, para contribuír á redución do prezo final destes alimentos.
Medidas enerxéticas
O Ministerio mantén a flexibilización de contratos de subministración de enerxía eléctrica até o 31 de xuño de 2024. Esta medida foi recollida no Real de Decreto de 2022, polo que se aprobaron medidas de reforzo da protección dos consumidores de enerxía e de contribución á redución do consumo de gas natural en aplicación do “Plan + seguridade para a túa enerxía (+SE)”.
No sector agrario, en concreto, esta medida supón para os titulares de explotacións agrarias, sexan autónomos ou empresas, incluídas as cooperativas agrarias e as comunidades de regadores poderanse realizar cambios da potencia contratada nese período sen custo adicional.
Medidas ante a seca
Aplícase unha exención do canon de regulación e da tarifa de utilización da auga aos usuarios que sufriron reducións nas dotacións por efecto das secas nas demarcacións hidrográficas do Guadiana, Guadalquivir, Segura e Ebro para o período impositivo de 2024.