A neve que caeu practicamente toda a mañá deste sábado no concello lugués da Fonsagrada non impediu a celebración da poxa de xovencas preñadas de Acruga no mercado gandeiro deste concello, nin que se adxudicasen o catro animais presentados, cun prezo medio que alcanzou os 2.537 euros. Si que houbo menos gandeiros que noutras ocasións, e un total de 10 cartóns retirados antes do inicio da poxa, todas eles de criadores da provincia lucense.
A primeira das xovencas preñadas, procedente do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, foi a que logrou un maior prezo na venda, ao alcanzar os 3.100 euros. Foi adquirida por unha gandaría de Sarria. Seguindo coa orde da poxa, a segunda, terceira e cuarta toura adxudicáronse por 2.450, 2.400 e 2.200 euros, a criadores con explotacións en Baleira, Ribadeo e Baleira.
O concello de Láncara será o escenario da próxima gran cita de Acruga, a da Festa dá Tenreira Galega, o próximo 1 de maio, un dos eventos máis importantes en canto á exaltación da carne de calidade, na que Acruga sempre estaba presente cunha exposición dos mellores exemplares da Raza Rubia Galega. Este ano, por primeira vez, completará a súa participación coa poxa de exemplares, respondendo así á chamada do propio Concello de Láncara e á demanda de exemplares de Raza Rubia Galega por parte dos criadores.