Prazo aberto ata o 25 de abril para participar nos Premios Galicia Alimentación 2024

Nesta décima edición haberá cinco premios en dúas categorías, e reservarase a posibilidade de establecer un Premio Honorífico Galicia Alimentación. A entrega de premios, prevista para o 13 de xuño, terá lugar nunha gala enmarcada no Foro Galicia Alimentación

Prazo aberto ata o 25 de abril para participar nos Premios Galicia Alimentación 2024

Premios Galicia Alimentacion 2024. / Fonte: Clúster Alimentario de Galicia

Os Premios Galicia Alimentación celebran a súa décima edición e o prazo para que os interesados presenten as súas candidaturas está aberto ata o 25 de abril, día tamén incluído. A vía de presentación é a través dos formularios da web do Clúster Alimentario de Galicia. A diferencia doutros anos haberá cinco premios en dúas categorías diferentes e reservase a posibilidade de establecer un Premio Honorífico Galicia Alimentación.

Poden optar aos Premios persoas físicas, autónomos, micro, medianas e grandes empresas, que teñan sede social, centros produtivos u exerzan a súa actividade comercial ou transformadora en Galicia e institución galegas ou situadas fóra do territorio que desenvolvesen actividades en favor dos produtos alimentarios galegos. Unha mesma entidade ou profesional pode presentar candidaturas a varios premios, sexan ou non da mesma categoría.

A primeira categoría estará dedicada aos produtos alimentarios en si, e baixo o nome de “Alimentos e bebidas”. Estará integrada por dous galardóns, por un lado o Premio Galicia Alimentación ao Produto Innovador, enfocado a recoñecer aqueles produtos caracterizados pola súa innovación, potencial comercial ou deseño, e pola a súa adaptación ás demandas do consumidor ou o valor que aportan ás materias primas galegas.

Na mesma categoría tamén estará o Premio Galicia Alimentación ao Produto Excelente. Recoñece a aqueles produtos que incorporen valores tradicionais do sector alimentario galego adaptándoos ao momento actual polo seu deseño e usando materias primas locais. Neste caso cobran especial importancia as características organolépticas dos alimentos e bebidas que se presenten e, de feito, poñerase especial atención aos produtos “gourmet” e ecolóxicos. 

A segunda categoría, “Iniciativas do Sector Alimentario”, premia aqueles proxectos, accións ou prácticas empresariais en tres ámbitos: estratexias de márketing ou internacionalización, innovación e sustentabilidade.

Deste xeito, o Premio Galicia Alimentación á Estratexia de Márketing ou Internacionalización galardoa o esforzo de empresas e organizacións do sector alimentación por acceder, desenvolver e consolidar a súa posición no mercado nacional e internacional.

O Premio Galicia Alimentación á Innovación vai dirixido a proxectos, institucións ou organizacións e empresas que destaquen pola súa innovación no seu modelo de negocio, que desenvolvan produtos ou servizos innovadores do ámbito da alimentación ou que destaquen polo seu carácter emprendedor e cooperativo.

En canto ao Premio Galicia Alimentación á Sostibilidade, o Clúster Alimentario de Galicia quería introducir o respecto ao medio ambiente e á contorna como unha temática a destacar nos seus galardóns. Por iso, coma novidade, este ano incorpora este premio para recoñecer aquelas prácticas, institucións ou empresas caracterizadas pola súa sostibilidade, tanto na organización e produción coma nos seus produtos e servizos. 

A entrega de premios está prevista para o mes de xuño, nunha gala enmarcada no Foro Galicia Alimentación, que se desenvolverá co apoio institucional da Xunta de Galicia, co patrocinio ouro de Caixa Rural Galega, Gadis e Vegalsa Eroski e o bronce de Salimat Abanca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información