A Asociación Forestal de Galicia, en colaboración con Enel – Endesa, organiza o segundo bloque das xornadas sobre xestión forestal sostible nas Pontes de García Rodríguez, esta vez adicado ás coníferas, que terá lugar o 29 de abril, 3 e 4 de maio.
Esta xornada consta dunha parte teórica e outra práctica, ambas impartidas por un equipo de enxeñeiros de montes da Asociación Forestal de Galicia.
A parte teórica terá lugar na sede da Asociación Seara, no polígono industrial de Penapurreira, as tardes do 29 de abril e 3 de maio, a partir das 16 h.
En canto á parte práctica, desenvolverase na zona restaurada da mina de Enel – Endesa e en monte particular o sábado 4 de maio. Para asistir á parte práctica, poñerase a disposición das persoas participantes un servizo de transporte en autobús que partirá da estación de autobuses das Pontes á hora que se indique nas xornadas.
Este curso sobre xestión forestal de coníferas é o segundo bloque dunha acción formativa que se iniciou en febreiro, cun curso sobre xestión de frondosas caducifolias e eucaliptos. Dado que naquel momento non se puido facer a saída ao monte debido ao mal tempo, aproveitarase nesta ocasión para facer as dúas sesións prácticas xuntas.
Ás persoas asistentes entregaráselles unha bolsa de pícnic para xantar no monte.
A inscrición gratuíta pódese facer cubrindo este formulario en liña, nos teléfonos 981 564 011 e 618 752 214 ou no enderezo de correo afg@asociacionforestal.org.
Programa
LUNS 29 DE ABRIL
16.00 h Benvida
16.05-17.30 h Xestión forestal sostible e medio ambiente
Producións forestais na comarca (Xosé Covelo, enxeñeiro de Montes)
17.30-18.00 h Pausa para café
18.00-19.00 h Normativa e incentivos que afectan ao sector forestal (Jorge Bouzas, enxeñeiro de Montes).
VENRES 3 DE MAIO
16.00-17.30 h Elección de especie e modelos silvícolas (Braulio Molina Martínez, enxeñeiro de Monte)
17.30-18.00 h Pausa para café
18.00-20.00 h A planta, plantación, coidados silvícolas e corta. (Francisco Dans del Valle, enxeñeiro de Montes)
SÁBADO 4 DE MAIO
9.30-17.30 h Prácticas en montes de frondosas e coníferas (Francisco Dans e Enrique García, enxeñeiros de Montes)
9.30-12.15 h Monte da zona restaurada da mina de ENEL-ENDESA
• Plantación e poda de frondosas
• Demostración de tratamento contra bandas en piñeiro radiata
13.00-14.00 h Poda mecanizada en monte da piñeiro laricio
14.30 h Refrixerio no monte
15.30-17.30 h Planificación e tratamentos en montes de piñeiro radiata.