P.A./ 311: A última das xenebras galegas no mercado xa supera as 3.000 botellas

A partir de maio 2024, o destilador da marca, Pepe Albela, abrirá os seus centros artesanais de destilación, en San Miguel de Sarandón de Vedra

Publicidade
P.A./ 311: A última das xenebras galegas no mercado xa supera as 3.000 botellas

Imaxes do autor da xenebra, Pepe Albela. / Fonte Pepe Albela

A nova proposta do destilador Pepe Albela, P.A./311, supera as 3.000 botellas da que considera, “a súa creación máis persoal”, segundo el mesmo define. Neste novo ano continuará co posicionamento no mercado galego desta xenebra até outubro, que como novidade inclúe na súa maceración uvas da variedade albariño parcialmente deshidratadas. A partir do mes de outubro, espera dar o salto a nivel nacional, centrándose nalgunha comunidade en concreto. 

O mes das flores é o elixido por este mestre destilador para a posta de longo dos seus centros artesanais de destilación, na parroquia de San Miguel de Sarandón, no municipio de Vedra.  Un espazo que os amantes da xenebra e outros destilados, poderán coñecer da man do seu mestre destilador.

“Non queremos facer a típica visita, queremos crear experiencias únicas, personalizadas e didácticas, onde os amigos e amigas que nos visiten, sentan como na súa casa e coñezan de primeira man todos os segredos da alquimia”, sinala. Deste xeito, “desde a vista, o olfacto, o gusto até o oído serán postos a proba durante a experiencia nos centros artesanais de destilación, con este gran autor presente”, detallan desde a marca.

A xenebra P.A./311 é un produto elaborado en Galicia que acaba de saír ao mercado en decembro de 2023, e que está a ter unha gran acollida por parte do consumidor. “A resposta do público está a ser extraordinaria, estamos a superar as nosas expectativas tanto en Galicia como fóra, pois xa estamos a enviar a nosa xenebra a diferentes locais en Madrid”, explica Pepe Albela.

xenebra_PA311-030124

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información