Os novos edificios da Xunta deberán empregar polo menos un 20% de madeira na súa estructura

A Xunta de Galicia, a través do Xera, abrirá unha nova convocatoria cun mínimo de 2 millóns de euros para fomentar a construción en madeira

Os novos edificios da Xunta deberán empregar polo menos un 20% de madeira na súa estructura

A Comisión Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes aprobou hoxe por unanimidade a Proposta Non de Lei (PNL) do Partido Popular sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia para que impulse na construción de edificios do Goberno galego, co obxectivo do fomento dunha construción sustentable, a obrigatoriedade do uso de madeira estrutural.

A iniciativa foi exposta polo deputado popular José Antanio Armada Pérez, quen afirmou que, cando menos, o 20 % das novas licitacións públicas da Xunta teñen a obrigatoriedade de incluír a madeira para usos estruturais. Destacou que a industria forestal é un sector “que manifesta un constante crecemento e con futuro, máis tendo en conta as nosas circunstancias”. Por iso, destaca que dende o Goberno están a lanzar liñas de acción “claras, firmes e concretas”.

En cifras, o deputado indicou que Galicia conta cunha superficie forestal de más de 2 millóns de hectáreas. Así mesmo, en 2021 a facturación dos subsectores da cadea de valor ascendeu a 2.500 millóns de euros, un 29 % más que 2020, “e o máximo histórico de serie dende o 2006”. Ademais, as estimacións para 2022 son de 2.700 millóns de euros. Tamén detallou que actualmente neste sector traballan unhas 25.000 persoas.

Outro dato que achegou foi que Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) subvencionou 164 empresas e particulares que recibiron 2,5 millóns de euros. “Proxectos e obras que empregaban produtos de madeira como elementos estruturais”. Nese sentido, indicou que a Xera publicará unha nova convocatoria cun mínimo de 2 millóns de euros de fondos propios para fomentar a construción en madeira para usos estruturais.

Tamén indicou que xunto con outras entidades están a traballar no Plan Estratéxico da Industria Forestal Galego, que conta cun orzamento de 150.000 euros e que estará en vigor ata 2024. Este plan ten por finalidade responder ás necesidades e demandas do tecido empresarial.

Xestión das masas de coníferas

Outra das propostas non de lei que se debateron na Comisión foi sobre a demanda á Xunta de Galicia do impulso dun plan estratéxico de fomento e xestión das masas de coníferas. A iniciativa tamén foi proposta polo PP e debatida pola deputada Susana López Abellá.

Expuxo que consolidar unha xestión forestal sostible “é posible grazas a unha planificación en todos os ámbitos, que ten por obxecto o fomento de recursos forestais e madeireiros e a súa mobilización, precedido dunha valorización das coníferas de alto valor”. Fixo fincapé nos piñeirais pola súa consolidación na superficie e do incremento da taxa volume de cortas na aplicación dunha silvicultura axeitada.

A finalidade do plan é revitalizar o interese dos propietarios forestais na silvicultura de coníferas, “que se deben aliñar coas melloras xenética e silvícola”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información