Os mellores mercados para vender viño en 2020: Holanda, Suíza e os países nórdicos

Publicidade

O Observatorio Español del Mercado del Vino (OeMv) acaba de publicar un informe sobre os principais mercados para o sector do viño en 2020. Holanda, Suíza e os países nórdicos foron os únicos grandes mercados que incrementaron as compras de viño tanto en valor como en volume, nun ano marcado por un descenso do comercio muncial sobre todo en valor, debido tanto á pandemia da Covid19 como aos distintos aranceis (Estados Unidos, Rusia, Reino Unido…etc) e ao descenso do consumo de viño en China.

En concreto, e segundo datos de Aduanas (GTA) obtidos de máis de 80 países e analizados polo OeMv, as importacións mundiais de viño caeron, en 2020 un -6,6% en valor e un lixeiro -0,2% en volume. O prezo medio perdeu un -6,4%. Desta forma, as exportacións mundiais de viño situáronse o pasado ano nos 10.328,9 millóns de litros e os 29.736,1 millóns de euros, a un prezo medio de 2,88 €/litro.

Os viños de máis valor foron os máis afectados: espumosos (-1.001 millóns euros) e envasados (-1.248,3 millóns €), mentres graneis e bagin- box, pecharon o ano en positivo, tanto en valor como en volume.

OEMV PRINCIPAIS MERCADOS VIÑO 2020 TIPOS VIÑO

Por países, Reino Unido aumentou as súas importacións de viño en 2020, un +4% en volume, até os 1.458,3 millóns de litros (+58,1 millóns), superando a Alemaña (-4%) na primeira posición. En termos de valor, EE.UU. mantén o liderado a pesar de deixar de gastar 614 millóns de euros en viño, até os 4.926 millóns. Xunto con China (-583 millóns €), liderou a caída das importacións mundiais de viño, en valor.

Os únicos grandes importadores de viño que aumentaron as súas compras tanto en volume como en valor foron Holanda, Dinamarca, Suecia e Suíza.

OEMV PRINCIPAIS MERCADOS VIÑO 2020 VALOR OEMV PRINCIPAIS MERCADOS VIÑO 2020 VOLUME

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información