Os gandeiros de Agromuralla reúnense esta tarde coa conselleira en Santiago

Os gandeiros de Agromuralla reúnense esta tarde coa conselleira en Santiago

Gandeiros de Agromuralla nunha reunión anterior na Xunta.

Unha delegación de gandeiros de Agromuralla, encabezada polo seu portavoz, Roberto López, ten previsto reunirse esta tarde coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, para analizar as mobilizacións do sector lácteo. A reunión está prevista para as 17:30 horas na sede da Consellería en Santiago.

Tras a reunión coa conselleira, ás 22:30 horas celebrarase en Lugo unha asemblea informativa cos gandeiros diante do Multiúsos.

Para esta mañá, Agromuralla ten prevista unha manifestación polas rúas de Lugo. Sairá ás 12:00 da Praza do Ferrol, pasando por diante de varios edificios oficiais situados dentro da Muralla e rematará no punto de saída, onde se lerá un manifesto. Nesta manifestación, as protagonistas serán de novo as mulleres gandeiras con seus fillos, para reclamar futuro para o sector produtor de leite.

Una idea sobre “Os gandeiros de Agromuralla reúnense esta tarde coa conselleira en Santiago

  1. Sócrates

    Se non fora porque hoxe é 23 e non 28 de decembro. a coisa semellaría cando menos unha boa inocentada.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información