Os baixos prezos da celulosa levan a Ence a perder 24 millóns de euros no terceiro trimestre

A compañía presentará en xaneiro de 2024 o seu novo Plan Estratéxico, que incluirá un plan de investimentos para a súa planta de Pontevedra.

Os baixos prezos da celulosa levan a Ence a perder 24 millóns de euros no terceiro trimestre

A produción da empresa Ence – Energía y Celulosa rexistrou perdas por valor de 24 millóns de euros no terceiro trimestre do ano (-28 millóns de euros nos nove primeiros meses do ano) como consecuencia dos baixos prezos da celulosa. A pasteira sinala que a pesar da redución dos custos de produción, lograda mediante a redución do prezo da madeira e outras materias primas, iso non foi suficiente para compensar a baixada do prezo da pasta de papel.

O resultado operativo do Grupo foi de -1,8 millóns de euros no terceiro trimestre e de 63,7 millóns de euros nos nove primeiros meses do ano. Os produtos diferenciados de Ence, mellor adaptados para substituír a fibra longa e ó plástico, e que aportan un valor engadido extra, representaron o 25% dos ingresos por venda de celulosa no trimestre.

Crecemento e diversificación

A firma sinala que a solidez do balance proporciona flexibilidade para aproveitar as oportunidades de crecemento e diversificación dos dous negocios do Grupo. No negocio da celulosa, Ence segue impulsando a venda dos seus produtos diferenciados e aprobou o investimento para a posta en marcha dun proxecto de produción de celulosa fluff na súa biofábrica de Navia (Asturias) para produtos hixiénicos absorbentes. Así mesmo, a compañía presentará en xaneiro de 2024 o seu novo Plan Estratéxico para os próximos 5 anos, que incluirá un plan de investimentos para a súa biofábrica de Pontevedra.

Ademais, o proxecto que Ence estuda poñer en marcha na localidade galega das Pontes foi declarado proxecto estratéxico pola Xunta de Galicia no mes de xuño. Trátase dunha iniciativa innovadora para a produción de fibras recicladas branqueadas e biomateriais, que inclúe un proxecto piloto para a recuperación de fibras téxtiles. Todo isto, sen aumentar o consumo de madeira (xa que as súas materias primas serán recuperadas cartón, papel e fibras).

No negocio de renovables, Ence Biogás ten como obxectivo desenvolver vinte plantas de biometano durante os próximos cinco anos e conta xa con 6 proxectos en fase de enxeñería, cuxa entrada en funcionamento está prevista para 2026.

Tamén no negocio de Renovables, o Grupo conta cunha carteira de 140 MW cos que participar nas vindeiras poxas de biomasa e está a analizar varias oportunidades para a xeración de calor industrial renovable, a través da súa filial Magnon Servicios Energéticos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información