Obradoiro online sobre emprendemento no agro

Agaca inicia o 20 de abril un taller gratuíto de 5 sesións sobre emprendemento cooperativo no medio rural

Obradoiro online sobre emprendemento no agro

Actividade da Rede Eusumo. / Arquivo.

Nunha situación de crise de emprego e de emprendemento pola pandemia de coronavirus, Agaca detecta que moitas persoas buscan opcións de futuro profesional estable no medio rural de Galicia. Por iso a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias ( Agaca) programou a segunda edición do obradoiro en liña “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”.

O curso desenvólvese en 5 xornadas temáticas, en horario de 16:00 a 19:00. O 20 de abril tratará a importancia social e económica do emprendemento; o 22 de abril, estratexias para o éxito dunha idea; o 27 de abril, fórmula cooperativa como modelo de emprendemento: apoios e axudas públicas e, o 29 de abril, elaboración dun plan de emprendemento: análise de viabilidade.

Finalmente, o 3 de maio presentaranse 12 oportunidades de negocio: produción de cáñamo, esponxa vexetal, castaña, oliva, golden berry, té galego, kiwi, fungo comestible e de uso medicinal, xestión de viñas, cría de porco celta, extracción de resina e produción e comercialización de leite ecolóxico.

As persoas interesadas en matricularse poden facelo no teléfono 981 58 47 83 ou a través da web www.agaca.coop. Agaca organiza esta actividade no marco da Rede Eusumo, unha iniciativa impulsada pola Xunta, co apoio do Ministerio de Traballo, para impulsar o cooperativismo e a economía social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información