O viño branco con Denominación de Orixe é o que máis incrementa o seu consumo nos fogares de España

Publicidade

O Observatorio Español del Mercado del Vino (OeMv) acaba de publicar unha análise das compras de viño na canle alimentación (fogares) en España durante o ano 2019.

Estas son as principais conclusións do estudo realizado a partir da análise dos datos do panel de alimentación publicados recentemente polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA):

-Cómprase menos viño pero de máis prezo: O pasado ano os españois compraron na canle alimentación 355 millóns de litros de viño, uns 6 millóns menos que en 2018 e a cantidade máis baixa desde que hai datos. Porén, o valor volveu medrar por segundo ano consecutivo até superar os 1.070 millóns de euros, o maior en 10 anos, mentres que se bateu unha marca histórica se se suman as cifras de bebidas con viño, que daría un total de 1.193 millóns de euros.

OEMV 2019 viño fogares 1

-En 2019, só caeron as compras de viño tranquilo sen DOP nin IXP, que aínda segue sendo o máis consumido, aínda que o viño tranquilo con DOP está cada vez máis preto.

-En valor, o liderado do DOP é indiscutible, superando por primeira vez os 600 millóns de euros. Medran o resto de categorías, especialmente o viño con IXP ou da Terra, destacando a recuperación de Cava e espumosos con DOP tras dous anos de descensos.

-Os viños tintos seguen sendo os máis consumidos de forma clara, aínda que os brancos cobran bastante relevancia tanto na categoría de viños con DOP como na de viños sen indicación. Os rosados con DOP evolucionan moito mellor que os rosados sen indicación.

OEMV 2019 viño fogares 2

-A botella de 75 centilitros segue sendo claramente o envase máis adquirido na canle de alimentación español, representando o pasado ano o 60% do volume e o 83% do valor total, nun moi bo ano para o viño en formato bag-in-box.

-O prezo medio do viño comprado en España na canle alimentación subiu un 4,3% e foi o máis alto da historia con 3,02 euros/litro, a primeira vez por riba da barreira dos 3 euros.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio Español del Mercado del Vino (OeMv)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información