O vacún de carne non cubre custos de produción

Un informe elaborado por Cooperativas Agro-Alimentarias de España considera "insostible" a situación que atravesan os cebadeiros e as ganderías de vacas nodrizas

O vacún de carne non cubre custos de produción

“O vacún de carne atravesa unha situación insostible”, denuncian as cooperativas españolas, que insisten en que as marxes negativas de rendibilidade que atravesan as explotacións de vacún de carne desde 2019 poñen en perigo a pervivencia do sector no medio e longo prazo.

Son as principais conclusións dun informe elaborado polos servizos técnicos de Cooperativas Agro-alimentarias de España que pon de relevo preocupantes cifras de rendibilidade negativa no vacún de carne. En concreto, os datos lanzan que no vacún de cebo os custos de produción son moi superiores aos prezos de referencia do mercado nestes momentos.

Por citar un dato específico, a media dos custos de produción das explotacións típicas participantes en RENGRATI de vacún de cebo (machos) no ano 2021 é de aproximadamente 428 €/100 kg canal, mentres o prezo que lanza o mercado para o añojo AR3 é de 378 €/100 kg canal. No caso de Galicia, os becerros en Ternera Gallega móvense en prezos superiores, pero o estudo emprega como referencia o mesmo tipo de animal en todo o Estado, o añojo, con máis idade e con máis peso que os becerros habituais en Ternera Gallega.

Costes de producción y precio de venta de los terneros de cebo en las distintas comunidades autónomas

Custos de produción e prezo de venda dos xatos de cebo da categoría Añojo nas distintas comunidades autónomas

Becerros pasteiros
En vaca nodriza, obsérvase tamén unha rendibilidade negativa na maioría das explotacións de nodrizas para a produción de femias, e tamén en aproximadamente o 50% das explotacións de nodrizas para a produción de machos, en función das características de condicións de crianza nas distintas comunidades autónomas.

No caso concreto de Galicia, os custos de crianza en extensivo son menores que noutras comunidades onde teñen menos pasto e dependen máis de insumos externos. Segundo o informe, os custos efectivos de produción dun tenreiro pasteiro macho ou unha tenreira pasteira femia na nosa comunidade son de 2,55 euros/quilo, cando os prezos de venda destes animais, que van dirixidos ós cebadeiros, sitúanse en 2,33 euros/quilo no caso das femias e de 2,86 euros/quilo no caso dos machos.

Costes de producción y precio de venta de terneros pasteros macho

Custos de produción e prezo de venda de tenreiros pasteiros machos

Costes de producción y precio de venta de terneras pasteras hembra

Custos de produción e prezo de venda de tenreiras pasteiras femia

Stock de carne conxelada

A crise derivada do COVID19 afectou de maneira especial ao vacún de carne, que xa viña atravesando dificultades económicas con marxes de rendibilidade negativas, ás que se suma a lenta revitalización de demanda de carne de vacún na reapertura da hostalería, debido a que gran cantidade do produto que se ofrece ao consumidor na actualidade é produto que foi conxelado no seu momento pola canle hostaleira e restauradora.

Gran cantidade do produto que se ofrece ao consumidor na actualidade na hostalería son canais conxeladas en pleno confinamento

Aínda que a finais de 2020 produciuse unha recuperación progresiva dos prezos da carne de vacún nas lonxas de referencia, e tamén dos pasteiros para cebo, estes aumentos de prezo comezaron a reverterse desde o mes de maio debido ao descenso estacional das exportacións tras o fin do Ramadán.

En Galicia, non obstante, os prezos están repuntando lixeiramente nas últimas semanas, da man da tradicional maior demanda do verán.

Encarecemento dos custos de produción

A pesar de que a situación de prezos é mellor que a de hai un ano, non se transformou en rendibilidade que poida repartirse ao longo da cadea, debido a un destacado aumento dos custos de produción, especialmente do prezo da alimentación animal. Segundo datos do propio MAPA, o custo medio do penso de cebo de tenreiros incrementouse en máis dun 26% con respecto a 2019.

O custo medio do penso de cebo de tenreiros incrementouse en máis dun 26% con respecto a 2019

“Desde Cooperativas Agro-alimentarias de España trasladamos esta análise ao Ministerio e ao Observatorio da Carne da Comisión Europea, e a nosa preocupación polo aumento dos custos de produción que empurra ás nosas explotacións de vacún a unha situación insostible”, conclúen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información