A programación de Nadal do Concello de Mazaricos rematará cunha Gran Tractorada. Os Reis Magos visitarán un ano máis Mazaricos para pórlle o broche a estas festas cunha tarde de ilusión e ocio infantil polas rúas da Picota. Melchor, Gaspar e Baltasar presidirán a Gran Tractorada de Reis que partirá do recinto feiral ás 17h do vindeiro venres 5.
Utilizarán, un ano máis, tractores nesta particular cabalgata como un modo de homenaxear e reivindicar o carácter rural de Mazaricos, igual que se procura facer con outros eventos como a Carreira do Leite e o Brinde Leiteiro.
Ao remate, o recinto feiral acollerá unha recepción real con reparto de agasallos a cargo dos Reis Magos e axudantes, ademáis dunha chocolatada. Para máis información pódese contactar co 606 825 166 (Comunicación do Concello de Mazaricos).