O IV Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario de Galicia presenta os resultados de vinte proxectos

Exif_JPEG_420

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou hoxe no IV Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario celebrado ao longo desta xornada no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón.

Neste foro, organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria e no que participaron uns 150 representantes do sector e da administración, expuxéronse os resultados de vinte proxectos que se desenvolvemento nos últimos tres anos ao abeiro das axudas do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR) 2014-2020, en concreto, a través das axudas para o apoio a proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías.

Os 20 proxectos innovadores están relacionados con diversos eidos do sector agrario, dende o lácteo ao vitivinícola, pasando polas razas autóctonas ou os produtos ecolóxicos. Foron estes.

proxectos agacal 2023

Por outra parte, dende a AGACAL tamén lembraron que até finais deste mes está aberta a convocatoria das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), que contarán en 2024 cun orzamento de 2,5 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027. 

Por último, no IV Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario presentouse o o proxecto europeo AgrifoodTEF (Testing and Experimenting Facilities), co que se traballa para incorporar intelixencia artificial e tecnoloxía robótica ao sector da gandería de vacún de leite .

A Xunta forma parte dunha iniciativa que, en total, mobilizará 60 millóns de euros nos próximos catro anos. Este orzamento está repartido entre nove Estados membro da Unión Europea (Alemaña, Austria, Bélxica, España, Francia, Holanda, Italia, Polonia e Suecia) cun total de 30 entidades participantes.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo -que pertence á Axencia- integrarase no núcleo da parte galega -que conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros- dun proxecto orientado ao ámbito da produción láctea, con especial atención á alimentación de precisión e á mitigación dos gases de efecto invernadoiro. Neste sentido, a Axencia contará con 888.100 euros para desenvolver a iniciativa. O 50% desta cantidade procede da Unión Europea; mentres que a metade restante está cofinanciada polo Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación.

Esta iniciativa, na que tamén participa a empresa de tecnoloxía Gradiant e colabora o centro galego de innovación dixital DIH Datalife, busca acelerar a transformación dixital e favorecer a competitividade de pequenas e medianas empresas que conforman o sector de vacún de leite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información