O Goberno regula as organizacións de produtores de carne de vacún, ovino e caprino

Apróbase un novo decreto para definir as condicións para a negociación de contratos por parte destas organizacións

O Goberno regula as organizacións de produtores de carne de vacún, ovino e caprino

O Consello de Ministros aprobou este martes o real decreto polo que se regula o recoñecemento das organizacións de produtores e as súas asociacións dos sectores gandeiros de carne de vacún, e de carne de ovino. O novo margo xurídico establece as condicións para a negociación contractual por parte destas organizacións e as súas asociacións.

O real decreto busca reforzar a posición negociadora dos produtores de carne para que poidan lograr unha maior retribución para o sector gandeiro e un mellor reparto do valor ao longo da cadea alimentaria. Todo iso dentro do marco da normativa comunitaria e da libre competencia no mercado.

Tal e como sinalan desde o Ministerio de Agricultura, o novo decreto reafirma o seu compromiso e apoio á constitución de organizacións de produtores no sector agrario. 

Ademais do decreto, tamén a Política Agraria Común (PAC) recoñece o papel fundamental das organizacións de produtores na concentración da oferta e na mellora da comercialización e planificación da produción, así como na adaptación da produción á demanda, a optimización dos custos de produción e a estabilización dos prezos ao produtor. Por iso, inclúeas como estruturas clave para mellorar a posición do sector primario na cadea, contribuíndo desta forma a cumprir cos obxectivos desta política comunitaria.

De feito, as recomendacións realizadas pola Comisión Europea a España en decembro de 2020, no marco da ‘Estratexia da Granxa á mesa’, e que se tiveron en conta na elaboración do Plan Estratéxico para a aplicación da PAC español, xa incluían o desenvolvemento lexislativo para o recoñecemento de organizacións de produtores naqueles sectores que aínda non contaran con normativa a este respecto.

Contexto en Galicia
En Galicia, nos últimos anos xa se produciron varios movementos para a constitución de organizacións de produtores de vacún de carne que poidan fortalecer a posición das granxas. Unha vez que a normnativa para estas organizacións de produtores está aprobada, espérase a súa inminente posta en marcha. Entre os proxectos de organizacións de produtores de vacún de carne, figuraban o de Unións Agrarias e o de Agrigga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información