O Consello de Ministros aproba cambios en lexislación en materia de produtos fitosanitarios

O Consello de Ministros aproba cambios en lexislación en materia de produtos fitosanitarios

O Consello de Ministros aprobou hoxe un real decreto polo que se establecen as condicións de almacenamento, comercialización, importación ou exportación, control oficial e autorización de ensaios con produtos fitosanitarios. Ao mesmo tempo, modifica o Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios.

A proposta dos ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), de Sanidade e de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, este real decreto reforza as medidas xa existentes no Estado español nos ámbitos sinalados, con especial incidencia no terreo da comercialización e introducindo disposicións pioneiras no ámbito da Unión Europea.

Así, contén directrices para controlar o comercio ilegal vinculado aos intercambios internacionais; prohibir o comercio electrónico de produtos fitosanitarios (salvo os de uso non profesional); e impulsar o uso obrigado dun rexistro electrónico de transaccións e operacións, neste caso a través dunha aplicación informática centralizada no MAPA que permitirá realizar a trazabilidade completa da cadea de subministración.

Polo que respecta ao Programa de Control Oficial de Comercialización de Produtos Fitosanitarios, o novo real decreto incorpórao ao Plan Nacional de Control da Cadea Alimentaria.

Ademais, a norma regula o almacenamento dos produtos fitosanitarios, tanto nas explotacións agrarias como nas empresas de distribución, e actualiza a normativa referida aos ensaios con estes reorganizando á vez as actuacións de todas as autoridades competentes na materia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información