Mozos de Jaén e Madrid fórmanse esta semana nunha explotación mixta da Mezquita

Publicidade
Mozos de Jaén e Madrid fórmanse esta semana nunha explotación mixta da Mezquita

A organización Unións Agrarias participa ao longo desta semana no Programa Cultiva; “Programa de Estancias Formativas de Jóvenes Agricultores en Explotaciones Modelo”, impulsado e financiado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que, dende este luns e ata o venres, permitirá poñer en valor e divulgar a experiencia dunha explotación mixta do sur da provincia de Ourense.

Os procedementos e o modo de traballo da explotación modelo Hermanos González Rodríguez Sociedade Cooperativa Galega ten espertado o interse de dous mozos de Jaén e Madrid; que ao longo de toda a semana aprenderán in situ os detalles do día a día dunha explotación mixta; que combina a gandería tradicional de vacún de carne en extensivo coa produción vitivinícola.

Durante cinco días os mozos participantes coñecerán os detalles do funcionamento, modelo de xestión e orientación produtiva desta explotación ubicada no lugar de Castromil, no concello ourensán da Mezquita. E recibirán formación específica sobre pastoreo extensivo, sanidade e benestar animal, reprodución, cría e alimentación; así como sobre os compromisos de agroambiente e clima que implica a gandería tradicional en extensivo.

O programa, que contempla un total de 35 horas de formación teórico- práctica, tamén instruirá aos participantes sobre o modelo de cultivo de viñedo na DO Monterrei, da que forma parte a explotación participante; e sobre prácticas como a poda, aplicación de fitosanitarios, manexo do abonado ou colleita. Así como formación en dixitalización e comercialización das producións agrogandeiras e visitas a explotacións e adegas da zona.

Alicia Sidonia Moya Barranco, de 26 anos, é natural de Alcalá la Real (Jaén), onde ten unha explotación vitícola que pretende diversificar coa introducción de gando. Motivo polo que a experiencia desta sociedade mixta da Mezquita ten espertado o seu interese.

Tras estudar Xeoloxía, Raúl García Mendoza, de 41 anos e natural de Colmenar Viejo, en Madrid, decidiu o ano pasado incorporarse á explotación familiar de vacún que antes levaran seu pai e súa tía; e está especialmente interesado en incorporar novos coñecementos relacionados con pastoreo e manexo do gando en extensivo.

Formación gratuíta para xente que queira incorporarse ao agro

O Programa Cultiva ou Programa de Estancias Formativas de Jóvenes Agricultores en Explotaciones Modelo é unha iniciativa impulsada e financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en colaboración con entidades representativas dos sectores agrícola e gandeiro de España así como con explotacións agrarias modelo vinculadas ás mesmas, que pretende facilitar o acceso á formación e ao coñecemento práctico da mocidade agraria nacional, dando resposta ás súas necesidades formativas.

O obxectivo do Programa Cultiva, no que participa Unións Agrarias-UPA, é ofrecer aos agricultores e gandeiros mozos formación práctica en explotacións modelo de acollida a través de estancias formativas nas que teñan a oportunidade de adquirir e consolidar in sito coñecementos sobres aspectos técnicos e de xestión que poidan aplicar no desenvolvemento da súa propia actividade agraria.

As estancias formativas, desenvoltas en territorio nacional por perídos de entre 5 e 14 días, son totalmente gratuítas para os e as participantes; e ofrecen ás mozas e mozos 7 horas de formación diaria sobre diferentes temáticas, como a planificación e xestión económica e financieira das explotacións ou o emprego de tecnoloxías dixitais, entre outras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información