A DO. Monterrei arrinca cara á nova normalidade na Coruña

Publicidade
A DO. Monterrei arrinca cara á nova normalidade na Coruña

Actividade promocional da DO. Monterrei na Coruña

A última actividade promocional do D.O. Monterrei, celebrada na Coruña, contou con máis dun cento de profesionais procedentes de Ferrolterra, Costa da Morte, Santiago e A Coruña.

Durante dúas quendas, e baixo a lema “A máis atlántica das continentais e a máis continental das atlánticas”, hostaleiros, catadores, distribuidores, enófilos, profesores de hostalaría do IES da Coruña, Santiago e Pondedeume, descubriron as peculiaridades desta denominación vitivinícola galega. Nesta iniciativa recibiron información sobre as características edafoclimáticas -chan e clima-, variedades de uva, tipoloxías de viño, proceso de elaboración dos mesmos ou importancia da viticultura na historia e economía da comarca.

Doutra banda, os participantes nesta iniciativa da denominación de orixe Monterrei puideron degustar os tintos e brancos das seguintes adegas:  Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Pazo de Valdeconde, Castro de Lobarzán, Manuel Vázquez Losada, Terrae Monterrei (Adegas Terrae) e Triay Adegas de Oímbra.

Para o desenvolvemento desta actividade  implementáronse as pautas e recomendacións preventivas para eventos, congresos e feiras da guía editada polo ISSGA (Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia). Para iso, e co obxecto de garantir as medidas hixiénico-sanitarias, reducíronse o aforamento e horarios, incrementouse a distancia entre as mesas, e as augas eran de uso persoal (así como as cuspideiras individuais); facilitouse xel hidroalcóholico en todas as mesas e máscaras hixiénicas a disposición de todo o público asistente, entre outras cuestións.

Esta iniciativa atópase dentro do ciclo de accións promocionais realizadas pola denominación para este 2020, que permitirá que os viños de Monterrei visiten cidades como Vigo, Bilbao, Santander ou Barcelona.

 Sobre o D.O Monterrei

A de Monterrei é unha do cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. Confórmana 27 adegas do val de Monterrei, que abrangue os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Os viñedos deste D.O. ocupan un total de 581 hectáreas de territorio nas que traballan 389 viticultores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información