Leche Río colabora co Campus de Lugo para desenvolver lácteos funcionais

Leche Río colabora co Campus de Lugo para desenvolver lácteos funcionais

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC (APLTA) e o grupo empresarial galego Leche Río colaborarán no deseño e desenvolvemento de novos alimentos lácteos funcionais que acheguen beneficios para a saúde dos consumidores, e que permitan implementar valor engadido á produción leiteira de Galicia.

A presidenta do Grupo Leche Río, Mª Carmen Lence, avanzou os proxectos do grupo empresarial que dirixe e que nos últimos anos se ten consolidado como a principal comprador de leite en Galicia, no marco dunha xornada de traballo desenvolvida nas novas instalacións de que dispón a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC na Rúa Montirón de Lugo.

Mª Carmen Lence lembrou na súa primeira visita á nova sede la APLTA algunhas das liñas de traballo xa desenvolvidas Grupo Leite Río neste centro universitario durante a etapa de Jesús Lence, tal e como é o caso dos ‘Río frutas’, bebidas elaboradas a base de zume natural e leite.

Desenvolver novos alimentos lácteos funcionais para a infancia e as persoas maiores

Apoiada no éxito das colaboracións mantidas outra entre o Grupo Leite Río e a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC, Mª Carmen Lence sinalou que a estratexia de futuro pasa pola creación e desenvolvemento de novos produtos funcionais, acaídos para dar resposta ás novas demandas do mercado. “Queremos facer unha aposta clara por alimentos funcionais que incorporen novos beneficios para a saúde dos consumidores a maiores das propiedades do leite”, asegurou.

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto; a adxunta á citada Vicerreitoría para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera; o vicexerente do Campus de Lugo, Emilio Martínez Rivas, acompañados de diversos técnicos e responsables da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias, tamén participaron na xuntanza de traballo celebrada hoxe coa presidenta e directivos do Grupo Leche Río.

Una idea sobre “Leche Río colabora co Campus de Lugo para desenvolver lácteos funcionais

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información