José Simón Ferro, novo presidente da Asociación Ruta do Viño Rías Baixas

Publicidade
José Simón Ferro, novo presidente da Asociación Ruta do Viño Rías Baixas

José Simón Ferro, de Bodegas As Laxas, foi elexido presidente da Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas

A xunta directiva da Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas, constituiuse o pasado 28 de xullo. Nela, José Simón Ferro, de Bodegas As Laxas, foi elexido presidente, mentres que a vicepresidencia recaiu no alcalde de Cambados, Samuel Lago. Os cargos de tesoureiro e secretario complétanse con Adolfo Picáns, de Bodegas Gran Bazán, e Ramón Huidobro, secretario xeral do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Precisamente hoxe tivo lugar unha reunión do ente xestor co novo presidente da Ruta para poñelo ao día de todas as cuestións de interese nas que traballan.

Os 7 vogais da Asociación Ruta do Viño Rías Baixas son:

– Begoña Santamaria, Bodegas Terras Gauda.
– Marta Giraldez Ayuntamiento de Meis.
– Marta Valcarce Ayuntamiento de Salvaterra de Miño.
– Ruth González, Turismo Rias Baixas.
– Antonio Méndez, hotel Nande da Natureza, Antonio Mendez.
– Meritxell Marcos, Parador de Cambados.
– Juan Gil de Araujo, Bodegas Palacio de Fefiñanes.

As eleccións á xunta directiva da Asociación Ruta do Viño Rías Baixas celebráronse o pasado 20 de xullo en Cambados. Só se realizaron votacións en dous dos subcensos das áreas: O Salnés, Ulla e Soutomaior nos apartados de administración pública e de sector enolóxico, a excepción do apartado turístico e de ocio. No resto de subcensos (o de O Condado do Tea e de O Rosal) nos tres apartados (Administración Pública, sectór enolóxico, así como turístico e de ocio) a adxudicación foi directa ao presentarse unha única candidatura, a excepción de administración pública e ocio no Rosal, que quedou vacante por falta de candidatura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información