Inicio da campaña de vacinación preventiva fronte á lingua azul

Comezará mañá e será obrigatoria e gratuíta en todos os bovinos e ovinos maiores de tres meses da zona de restrición declarada, que inclúe as provincias de Ourense e Pontevedra e as comarcas de Sarria, Chantada e Terra de Lemos-Quiroga

Inicio da campaña de vacinación preventiva fronte á lingua azul

A vacunación comezará mañá e levarase a cabo nas áreas declaradas como restrinxidas

A Xunta ten previsto iniciar mañá martes, día 7 de marzo, unha campaña de vacinación fronte á lingua azul tras a declaración de catro focos en Castro Caldelas, Sarreaus (Ourense) Fornelos de Montes e As Neves (Pontevedra), onde deron positivo dous animais dunha mesma explotación. Así mesmo, levarase a cabo na zona declarada como restrinxida, a cal inclúe todas as explotacións das provincias de Ourense e Pontevedra e as existentes nas comarcas de Sarria, Chantada e Terra de Lemos-Quiroga, no sur de Lugo.

Nestas partes do territorio será obrigatoria e gratuíta a vacinación de todos os animais das especies bovina e ovina de máis de tres meses de idade, estando previsto vacinar un total de 265.000 animais bovinos e 87.000 ovinos. O persoal contratado pola Consellería do Medio Rural irá convocando ás diferentes explotacións, sinalando a data na que está prevista a vacinación.

Segundo a pauta vacinal, os ovinos recibirán unha única dose de vacina, vía subcutánea, mentres que os bovinos precisarán dúas doses vacinais, vía intramuscular, separadas 21 días. Isto obrigará ao persoal que efectúa a vacinación a volver visitar todas as explotacións bovinas ás tres semanas de aplicar a primeira dose.

A vacinación será requisito para poder realizar movementos de animais cando se inicie a actividade do vector transmisor da língua azul, previsiblemente a finais de abril. Entón só se poderá autorizar o movemento de animais dende a área de restrición se proceden de explotacións vacinadas, sendo necesario que os animais de máis de 4 meses estean vacinados, ou se son animais menores desa idade, que procedan de nais vacinadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información