Go Tercras, un proxecto para mellorar a produtividade das gandarías leiteiras a través da raza Asturiana de los Valles

Go Tercras, un proxecto para mellorar a produtividade das gandarías leiteiras a través da raza Asturiana de los Valles

Reunión dos socios do proxecto Go Tercras. Foto: Cedida

O Centro Tecnolóxico Agroalimentario (ASINCAR), xunto a Campoastur, Aseava e o Serida colaboran no proxecto GO TERCRAS que busca pór en valor á raza Asturiana de los Valles no cruzamento con vacas leiteiras frisoas.

O proxecto está cofinanciado pola UE (FEADER), o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Consellería de Medio Rural e Política Agraria do Principado de Asturias,, e conta cun orzamento de 208.969,20€ e unha axuda pública de 196.297,20 €.

Entre os principais obxectivos deste proxecto destacan a selección de polo menos unha liña xenética de sementais da raza Asturiana de los Valles adecuadas ao uso en cruzamento en gandarías de produción láctea; a validación do uso de seme da raza asturiana de los valles como unha alternativa a outras razas para a obtención de tenreiros cruzados de face á mellora nos índices produtivos en explotacións de produción láctea; a avaliación comparativa do desenvolvemento e a sanidade durante as fases de lactación, destete e cebo de animais cruzados Frisoa con Asturiana de los Valles fronte a cruzados Frisoa con Angus e o desenvolvemento dun plan de divulgación específico para os resultados do proxecto orientado tanto a sector gandeiro como ao sector da carne de vacún.

Entre os resultados que se espera obter deste proxecto son o desenvolvemento de protocolos para a selección de sementais de Asturiana de los Valles de cara ao uso en cruzamento con vacún leiteiro; a dispoñibilidade de sementais (doses seminales) da raza Asturiana de los Valles como alternativa validada para a mellora da produtividade en explotacións de vacún leiteiro e o aumento de recursos no programa de mellora da raza Asturiana de los Valles; así como o desenvolvemento dun protocolo de manexo eficaz para a lactación, destete e cebo de tenreiros cruzados con Asturiana de los Valles.

go tercras asturiana campoastur

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información