A gandería de Ávila La Serrada logra o premio á mellor vaca de GandAgro 2023

gandagro 23 vaca adulta gran campioa internacional 1A vaca Serrada Chantel Chief, propiedade de La Serrada & QuimS. & Agriber & Quality & Jose A.Hernandez, de Ávila (Castela-León), acadou esta tarde o premio Vaca Gran Campioa no XXXVI Open Internacional da Raza Frisoa, celebrado no marco da IV Feira de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2023, a cal acaba de pechar as súas portas na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Ademais deste título, cuxo galardón foi patrocinado por Abanca, outorgouse o Reserva Gran Campioa, que recaeu en Rey 814 Beemer Yuri, de SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza (Lugo).

En canto ao XXXI Concurso Autonómico, patrocinado por Xenética Fontao a vencedora foi Rey 814 Beemer Yuri, subcampioa do concurso Internacional. A Reserva Gran Campioa recaeu en Cid Delta Megan, de gandería Cid, de Barreiros (Lugo).

gandagro 23 vaca adulta gran campioa galega 2

Por outra banda, o galardón de Mellor Criador de Galicia, patrocinado por Xenética Fontao, recaeu na gandería SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza (Lugo), sendo subcampioa a gandería Cid, de Barreiros (Lugo). O premio ao Mellor Criador Internacional, patrocinado por Ferplan, recaeu tamén na gandería SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza, mentres que a subcampioa foi a gandería Cudaña, de Valdáliga (Cantabria).

En canto á Mellor Gandería de Nova Participación, no concurso Autonómico foi gandería Rubio, de Santa Comba (A Coruña), sendo o segundo posto para A Lagoa Serabel, de Xermade (Lugo). No Internacional a mellor foi a gandería Casa Venturo, de Salas (Asturias), acadando o segundo posto a gandería Sarobe, de Karrantza, Bizkaia (País Vasco).

gandagro 23 vacas concurso ubres 1

O mellor manexador do concurso foi Germán Fernández Muñoz, de Salas (Asturias).

En total, aos certames presentáronse 165 animais de ganderías procedentes de distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela-León e Cataluña. Organizados por la Federación Frisona Galega (Fefriga) en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia, foron xulgados por Brian Carscadden, da Asociación Holstein de Canadá.

Consulta aquí los resultados completos

#cimag23 #gandagro23 #ganderia #agricultura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información